CONSORCIO

O trompetista galego Yael Fiuza, integrante da orquestra da Ópera Alemá de Berlín, formará a músicos/as noveis de Galicia

06/11/2018

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, o trompetista galego Yael Fiuza formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos/as externos/as interesados/as en perfeccionar a súa interpretación con este instrumento.

Leer más

CONVIVENCIA

O Goberno compostelán reclama medidas excepcionais para ampliar o persoal da Policía Local

06/11/2018

A tenenta de alcalde, María Rozas, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reuníronse hoxe en Madrid co director xeral da Función Pública, Javier Rueda. Foi para solicitar "que se estuden solucións excepcionais para que Santiago poida contratar máis policías locais, tendo en conta as características especiais da cidade e o reto que suporá o Xacobeo 2021, tamén en materia de seguridade". Na xuntanza, Rueda mostrouse sensible coas peticións de Santiago e comprometeuse a analizar as...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

"La noche de 12 años", de Álvaro Brechner, inaugura a 32ª edición de Cineuropa

06/11/2018

Mañá mércores 7 de novembro, dará comezo ás 20:00 h, no Teatro Principal, a cerimonia de apertura da 32ª edición de Cineuropa, dando así o pistoletazo de saída a 22 días co mellor cine do último ano. O acto inaugural, que será conducido por Moncho Lemos, contará coa presenza do alcalde, Martiño Noriega, e da vicepresidenta da Deputación de Coruña, Goretti Sanmartín. Así mesmo, o director do festival, José Luis Losa, analizará a programación...

Leer más
Compartir: