XUNTA DE GOBERNO

Visto bo á modificación da zona de residentes de Pelamios-Vista Alegre

23/11/2018

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a modificación e ampliación das rúas con dereito a tarxeta de residentes na zona 8 de Pelamios-Vista Alegre. A tenenta de alcalde, María Rozas, explicou que "os cambios responden á demanda da veciñanza da zona, ante a limitación das prazas de aparcamento despois das obras de reurbanización de Vista Alegre".

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A Maker Faire Galicia volve ser punto de encontro para os mellores creadores e creadoras de Galicia

23/11/2018

A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, participou esta mañá na inauguración da cuarta edición da Maker Faire Galicia, que se celebra hoxe e mañá sábado na Cidade da Cultura. Durante o acto de apertura, a edila apuntou que "dende o Concello de Santiago témoslle especial querenza a este proxecto, que xurdiu hai algo máis de tres anos nun espazo como Área Central, e do que nos sentimos moi orgullosos e orgullosas".

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa acolle este sábado dúas estreas absolutas: "Galveston" e "Loro"

23/11/2018

Loro (Silvio e os outros) é, sen dúbida, un dos filmes estelares do ano que temos a grande fortuna de estrear aquí, en Cineuropa. Sorprende, cando menos, que un filme destas características non pasara por ningún festival estatal con anterioridade. Do caldo de cultivo conformado por Sorrentino, máis Berlusconi e o tremendo Toni Servillo xorde esta representación tan kitsch como certeira do ex primeiro ministro italiano nun reino da inmundicia a través dunha telenovela bárbara e casposa. A primeira das...

Leer más
Compartir: