ALCALDÍA

O alcalde recibe a antropóloga mexicana Marcela Largade

19/11/2018

A antropóloga, feminista e investigadora Marcela Lagarde foi recibida esta mañá polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, nun acto no Salón Amarelo do Pazo de Raxoi. Á recepción asistiron a edila de Igualdade, Marta Lois, así como as concelleiras María Corral e Goretti Sanmartín e o concelleiro Gonzalo Muíños. Marcela Lagarde asinou no Libro de Honra do Concello.

Leer más

ALCALDÍA

O Obradoiro acolle unha exposición itinerante sobre as violencias machistas

19/11/2018

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e por membros da corporación e patrocinadores da campaña En negro contra as violencias (Gadisa, Paideia, Finsa e Castrosúa), visitaron esta mañá a exposición itinerante sobre as violencias machistas que se pode visitar dende o 16 ata o 26 de novembro. A exposición está patrocinada pola Fundación Paideia e por Finsa.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Chega a Cineuropa o último de László Nemes e Valeria Bruni Tedeschi

19/11/2018

Tras se consagrar en Cannes coa escenificación da asfixia envolvente dun campo de exterminio nazi en Fillo de Saúl, László Nemes recorre en Sunsetao mesmo dispositivo de inmersión e ao punto de vista subxectivo do seu protagonista, aquí unha moza que chega á Budapest de comezos do século XX, mentres cae o Imperio Austrohúngaro. Nun marco de forza visual irresistible, Nemes arrisca de novo na narración elíptica, na formulación da investigación desta muller como un percorrido...

Leer más
Compartir: