ACCIÓN CULTURAL

Chega o segundo volume da colección histórica "Cadernos de Compostela"

29/08/2018

A Concellaría de Acción Cultural vén de publicar o segundo volume da colección Cadernos de Compostela, unha iniciativa enmarcada na celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Desta vez, o libro está dedicado á "Compostela Festiva". A concelleira Branca Novoneyra presentou a publicación nunha rolda de prensa na que estivo acompañada pola investigadora Mercedes Vázquez, integrante do colectivo Dehistoria e unha as autoras do contido, e polo ilustrador Marcos Vigo.

Leer más

TURISMO E ESPAZOS CIDADÁNS

Remata a campaña de concienciación sobre os pisos turísticos cunha acción de rúa en Cervantes

29/08/2018

A praza de Cervantes acolleu esta mañá a última das accións de rúa para visibilizar e concienciar a veciñanza e turistas sobre a proliferación dos pisos turísticos ilegais. Trátase dunha campaña de comunicación realizada en colaboración e coordinación cos concellos de Barcelona e Sevilla, que contan cunha problemática semellante á compostelá.

Leer más
Compartir: