EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Preto de 500 escolares participan no 8º Ciclo de Sesións Didácticas da Escola Municipal de Música

13/03/2018

A pasada semana comezou o 8º Ciclo de Sesións Didácticas que a Escola Municipal de Música (EMM) de Santiago realiza nos centros de ensino de educación infantil e primaria de Compostela. Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM é o título deste programa, que se desenvolverá ao longo dos meses de marzo e abril e no que está prevista a participación de máis de 500 escolares.

Leer más

CENTROS CÍVICOS

Fran Lareo expón no Romaño as súas esculturas en pequeno formato

13/03/2018

O Centro Cívico do Romaño acolle ata o 28 de marzo unha exposición de esculturas en pequeno formato do artista Fran Lareo. Baixo o título Seguimos imaxinando, a mostra exhibe 15 pezas realizadas cun material que o propio autor prepara e adapta no seu taller, situado en Santa Minia (Brión).

Leer más

CONSORCIO

O violoncellista canario Ángel Luis Quintana, solista da Orquesta Nacional de España, formará a músicos/as galegos/as

13/03/2018

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do recoñecido violoncellista canario Ángel Luis Quintana. Ademais dos alumnos e alumnas da Escola, tamén poden asistir músicos/as externos/as ao centro.

Leer más
Compartir: