IGUALDADE

Os nenos e nenas participantes no Verán CampUSC 2017 visitan Raxoi

06/09/2017

Os nenos e nenas que participaron este ano no Verán CampUSC visitaron este mércores o Pazo de Raxoi, onde foron recibidos pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e outros membros da Corporación municipal. Este programa de conciliación está artellado pola USC e conta por segundo ano, coa colaboración do Concello de Santiago.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello conmemora o Día Mundial do Alzheimer coa estrea de "Na butaca", de Esther Carrodeguas

06/09/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá a peza teatral Na butaca, da compañía ButacaZero, que se estreará en Compostela o vindeiro 21 de setembro. Na rolda tamén estiveron a dramaturga e directora, Esther Carrodeguas; a actriz Pepa Barreiro; o director de Galaxia, Francisco Castro, e a presidenta de Agadea, Isabel Gey.

Leer más

ALCALDÍA

Retirado o escudo franquista da antiga escola de Amio

06/09/2017

O Goberno local vén de retirar o escudo franquista que coroaba a antiga escola de Amio. Dáselle cumprimento así ao artigo 15.1 da Lei de Memoria Histórica, que determina que "as administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura". Ao mesmo tempo, tamén se lle da...

Leer más
Compartir: