IGUALDADE

Compostela acolle este fin de semana o Festival Rosalía

28/09/2017

O Concello de Santiago colabora coa Deputación da Coruña, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Fundación Rosalía de Castro na organización do Festival Rosalía. Este evento celebrarase os días venres 29 e sábado 30 de setembro, conmemorando o centenario da escultura de Rosalía na Alameda compostelá.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

As Xornadas de Música Contemporánea 2017 ofrecen 18 concertos e inciden na confluencia da música con outras artes

28/09/2017

Baixo a premisa de promover e difundir as últimas tendencias e contribuír á innovación na contorna musical, as Xornadas de Música Contemporánea congregarán un ano máis en Santiago a artistas e formacións referenciais da música de culto e de vangarda. Do 7 de outubro ao 25 de novembro, diversos espazos da cidade como o Auditorio de Galicia, o Paraninfo e a Igrexa da Universidade, o CGAC ou o Teatro Principal servirán de escenario aos 18 concertos que se inclúen na programación deste ano.

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Máis de medio cento de colectivos participarán na Mostra do Posible de Cangas, presentada este xoves en Compostela

28/09/2017

O Concello de Santiago acolleu hoxe a presentación da Mostra do Posible, un encontro de colectivos da economía social e movementos sociais que procuran un mundo máis xusto, e que se celebrará os días 7 e 8 de outubro en Cangas. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, exerceu de anfitrioa nunha rolda de prensa na que participaron o coordinador da mostra, David Esperón; a coordinadora da Rede de Solidariedade Popular de Vigo, Elisa Pérez; e as actrices Marta Pérez e Mónica Caamaño.

Leer más

TURISMO

O Tren Turístico estrea a "Ruta dos Parques"

28/09/2017

O Tren turístico de Santiago contará cunha segunda ruta que, con inicio e chegada no Obradoiro, percorrerá os principais parques da cidade. Esta nova ruta terá seis frecuencias ao día, saíndo ás 10:00, 11:30, 13:00, 16:00, 17:30 e 19:00 horas. O percorrido ten unha duración aproximada de 70 minutos. A nova ruta comeza a funcionar mañá venres 29 de setembro.

Leer más
Compartir: