CONSORCIO

O prestixioso pianista escocés Steven Osborne toca esta semana coa Real Filharmonía de Galicia

20/11/2017

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o xoves 23 na súa sede, o Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. E o venres, a orquestra desprazarase á Coruña, onde tocará no Palacio da Ópera, tamén ás 20:30 horas. A batuta de ambos concertos levaraa o director titular e artístico da agrupación, o mestre británico Paul Daniel.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS E EDUCACIÓN

O Concello celebrou un pleno infantil con motivo do Día Mundial da Infancia

20/11/2017

O salón de plenos municipal acolleu este luns un pleno infantil para celebrar o Día Mundial da Infancia, co que se conmemora a aprobación pola Asemblea Xeral da ONU da Declaración dos Dereitos do Neno o 20 de novembro de 1959. O alcalde, Martiño Noriega, presidiu a sesión e lembrou que o artigo 12 desa Declaración afirma "a necesidade de dar aos nenos e nenas a oportunidade de seren escoitados e escoitadas a través dun órgano".

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

"Pororoca", de Constantin Popescu, estrea en Cineuropa

20/11/2017

Será o Teatro Principal de Santiago de Compostela o lugar escollido para a estrea galega de Pororoca, o novo filme de Constantin Popescu, programado para este martes ás 19:45 horas. Segundo José Luis Losa, director de Cineuropa, esta película "marca territorio dende a planificación desa soberbia secuencia de arranque, nun parque: seguimos a un pai e á súa filla. Asistimos a esa perda en diferido nun estado de tensión máxima porque Popescu sabe como xerar inquietude, incerteza, como prepararanos para a...

Leer más
Compartir: