IGUALDADE

A Corporación compostelá solidarízase coa vítima da "Manada" e demanda a inclusión da perspectiva de xénero no dereito

14/05/2018

O salón nobre de Raxoi acolleu esta mañá a lectura dunha declaración institucional por parte das concelleiras de todos os grupos con representación no Concello, na que rexeitaron a sentenza ditada no denominado caso da "Manada" e amosaron a súa solidariedade coa vítima. No acto participaron as concelleiras Marta Lois, María Rozas, Concha Fernández, Noa Morales e Branca Novoneyra, de Compostela Aberta; María José Castro, María Corral e María Antón, do PP; Milagros Castro, do PSOE, e...

Leer más

ALCALDÍA

Versos de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza inauguran en Fonseca o "Xardín das Pedras que Falan"

14/05/2018

O xardín de Fonseca é, dende hoxe, o "Xardín das Pedras que Falan", un proxecto impulsado polo escritor Suso de Toro que se converte en realidade da man do Concello e da Universidade de Santiago. A gran espiral de pedras que lle renderá homenaxe ao feito literario comezou con tres pezas que levan gravados os versos de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza.

Leer más
Compartir: