MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Goberno local reitera a recomendación da circulación peonil pola dereita da vía

15/05/2020

O Concello de Santiago vén de completar a segunda fase de colocación de sinalización para peóns coa recomendación de camiñar pola dereita para así facilitar que se garden as distancias de seguridade e evitar contaxios do COVID-19. Estas mensaxes están situadas en diversas rúas do Ensanche e na Alameda. Tamén se están sinalizando as beirarrúas con sentido único.

Leer más

ALCALDÍA

O delegado do Goberno comunica ao alcalde a ampliación dos prazos do Xacobeo 2021, que continuará en 2022

15/05/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, mantiveron este venres unha xuntanza telemática, na que este lle explicou ao rexedor a ampliación dos prazos do Xacobeo 2021, que continuarán en 2022. Así o acordou o Executivo en Consello de Ministros, por iniciativa do Ministerio de Cultura e Deporte a través do seu titular, José Manuel Rodríguez Uribes.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais seguen celebrando as Letras Galegas

15/05/2020

Coa conmemoración Día do Libro no mes de abril e das Letras Galegas neste mes de maio, os centros socioculturais puxeron en marcha baixo o hastag #dendeolibroataasletras e #AsletrasnaCasa un variado programa de accións online de animación á lectura que están a contar coa entusiasta participación de veciños/as dos barrios, tanto en familia como de modo individual. O Departamento de Centros Socioculturais agradece esta implicación da veciñanza e anima a seguir participando das iniciativas que a diario se...

Leer más
Compartir: