URBANISMO

A proposta municipal de rehabilitación para a rúa da Caramoniña recibe o premio do Concurso de Arquitectura Driehaus

08/10/2020

A proposta municipal de rehabilitación para a rúa da Caramoniña acaba de recibir un dos galardóns do Concurso de Arquitectura Driehaus, que se entregaron xunto aos Premios das Artes da Construción no salón de actos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, en Madrid, nunha cerimonia presidida polo Secretario Xeral de Axenda Urbana e Vivenda, David Lucas, con aforamento restrinxido e cumprindo con todos os protocolos sanitarios. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, agradeceu a distinción.

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

Homenaxe ao intelectual e científico Andrés Comerma i Batalla co descubrimento dunha placa no Parque das Ciencias

08/10/2020

Santiago de Compostela recorda, cunha placa no Parque das Ciencias, ao intelectual Andrés Comerma i Batalla, enxeñeiro, farmacéutico, escritor e académico. Descubrírona a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro; o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, José Manuel Lema Rodicio; e Ángela Muñoz Crego, bisneta do homenaxeado, nunha xornada na que se conmemora o Día das Ciencias en Galicia.

Leer más

COMERCIO

O Concello colabora na campaña "Merca e gaña en Punto Compostela" que se desenvolverá ata o 31 de outubro

08/10/2020

A Asociación Comercio Punto Compostela en colaboración co Concello de Santiago e a Federación Galega de Comercio acaban de pór en marcha a campaña "Merca e Gaña en Punto Compostela". O obxectivo da iniciativa, presentada esta mañá, é dinamizar as vendas nos establecementos adheridos a esta entidade, premiando aos consumidores que merquen nas datas que comprende a campaña (entre o 3 e o 31 de outubro) e que rexistren a súa compra en

Leer más
Compartir: