POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Strelia Electrotecnia, Numax e Cantigas e Agarimos, gañadoras da edición 2019 dos Premios Manuel Beiras

16/12/2019

A XX edición dos Premios Manuel Beiras xa teñen gañadores: Strelia Electrotecnia, Numax e a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, tal como se anunciou nunha rolda de prensa na que participaron Noa Díaz, concelleira de Políticas Lingüísticas, e Xavier Freire, vogal do Pleno da Cámara de Comercio. Os galardóns foron entregados nunha gala celebrada no Teatro Principal e presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e polo presidente da Cámara de Comercio, José Sierra.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba as bases dos Premios Santiago Deporte 2019

16/12/2019

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou as bases dos Premios Santiago Deporte 2019, que se entregarán nunha gala no primeiro trimestre de 2020. Entre outros asuntos, dos que dou conta o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa, tamén se ratificaron as xustificacións de varios convenios asinados durante este exercicio e unha intervención nun muro da rúa da Divina Pastora.

Leer más

CONSORCIO

Jaime Martín ponse esta semana de novo á fronte da Real Filharmonía de Galicia

16/12/2019

A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O primeiro será o xoves 19 na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O venres 20, a orquestra desprazarase a Ferrol, onde tocará no Auditorio da cidade (tamén ás 20:30 horas), no marco da colaboración que a RFG mantén coa Sociedade Filharmónica Ferrolá.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio destinará en 2020 máis de 1,8 millóns de euros a intervencións en monumentos da cidade e actividades de dinamización cultural

16/12/2019

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva e Consello de Administración. Ámbalas xuntanzas estiveron presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo. Tamén participaron, entre outros, os dous vicepresidentes do organismo: a subsecretaria do Ministerio de Facenda, Pilar Paneque Sosa, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González. Deuse a benvida ao novo interventor do Consorcio de Santiago, Juan Ramón...

Leer más
Compartir: