ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa 32: unha edición de escándalo

31/10/2018

Do 7 ao 28 de novembro, Compostela acolle a trixésimo segunda edición do festival Cineuropa. Ao redor de 300 filmes incluídos en 21 seccións, nun certame que medra este ano en proxeccións e espazos de exhibición, e que mantén a aposta pola calidade cinematográfica dos anos anteriores. Será o filme La noche de 12 años, do realizador montevideano Álvaro Brechner, o escollido para a apertura desta edición nunha sesión inaugural que terá lugar o mércores 7 de novembro,...

Leer más

CONSORCIO

A Casa do Cabido inicia o seu horario de inverno

31/10/2018

Coincidindo co cambio de hora, o museo da Casa do Cabido, na praza das Praterías, inicia mañá xoves, 1 de novembro, o seu horario de inverno. O museo abrirá as súas portas de martes a sábados, de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes (ata agora era de 17:00 a 21:00 horas); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido permanece pechada ao público.

Leer más

SOLIDARIEDADE

Persoal do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña remata as Vacacións con Traballo en África

31/10/2018

Unha técnica do Concello de Santiago de Compostela e un funcionario da Deputación da Coruña levan un mes en Cabo Verde e Mozambique, respectivamente, colaborando cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través das Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido aos cadros das administracións locais e provinciais socias da entidade. A especialista en turismo remata esta semana a súa estadía na Cámara Municipal de Santa Cruz, mentres que o informático colaborará...

Leer más

CENTROS CÍVICOS

O barrio de Conxo celebra unha nova edición da súa Festa das Cabazas

31/10/2018

O barrio de Conxo, fiel á súa cita co Samaín, celebra unha nova edición da Festa das Cabazas, organizada pola Comisión das Festas Tradicionais de Conxo, da que participa o seu centro cívico. Este sábado 3 de novembro haberá actividades para nenos e nenas, magosto, música e ata unha procesión de ánimas.

Leer más
Compartir: