ALCALDÍA

O servizo do transporte urbano incorpora cinco novos autobuses cun moderno deseño adaptado ás características da cidade

08/02/2011

A praza do Obradoiro acolleu a presentación das cinco novas unidades que incorpora o servizo de transporte urbano. Estes autobuses destacan polo seu moderno deseño exterior, máis adaptado aos novos tempos, e tamén polas solucións técnicas que incorporan. Teñen capacidade para 26 viaxeiros sentados e 65 de pé, ademais de espazo para unha cadeira de rodas.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dá o visto bo á achega municipal de 819.000 euros a Incolsa

08/02/2011

A Xunta de Goberno aprobou, entre outros asuntos, o convenio polo que o Concello achega unha subvención de 819.315 euros a Incolsa. Tamén se deu o visto bo á posta a disposición dos terreos necesarios para acometer obras viarias en Figueiras e Brins, á contratación de diversas actividades de educación ambiental e á renovación de licenzas de venda no mercado de Salgueiriños.

Leer más

CONSORCIO

Compostela a través da ollada persoal e orixinal de David Pintor

08/02/2011

O Consorcio de Santiago e a editorial Kalandraka coeditan Compostela, un orixinal libro de ilustracións realizadas por David Pintor. Trátase dunha colección de 30 debuxos que plasman diferentes vistas do casco histórico compostelán, coa ollada persoal e orixinal de David Pintor, quen recrea os espazos xerando ambientes de ensoño.

Leer más

ALCALDÍA

A Asemblea Xeral do Eixo Atlántico aprobará en Santiago de Compostela un orzamento de catro millóns de euros para 2011

08/02/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participará o xoves 10 na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que se celebrará ás 10:00 horas no Hotel Monumento San Francisco. Na reunión aprobarase un orzamento para 2011 que ascende aos 3,95 millóns de euros, tal e como aprobou con carácter previo a Comisión Executiva na súa xuntanza de xaneiro.

Leer más
Compartir: