IGUALDADE

Unha conversa sobre o acceso das mulleres á vida pública e o concerto de Bia Ferreira inician as actividades da Concellaría de Igualdade para este 8M

04/03/2020

O programa da Concellaría de Igualdade Artellando feminismo para este 8M, dentro de Compostela, Territorio das Mulleres, comeza mañá xoves, ás 19:30 horas, na Casa das Mulleres Xohana Torres. Cristina López, autora de Pioneiras do deporte en Galicia, Clara Cordeiro, especializada en arte e xénero, e a escritora Antía Yáñez participarán, dende as súas experiencias vitais e profesionais, nunha conversa que xirará ao redor dos obstáculos das mulleres á hora de acceder á vida...

Leer más

MOCIDADE

A Fundación SGAE acolle a exposición fotográfica "Desenfoque climático" do 5 ao 12 de marzo

04/03/2020

A concelleira de Mocidade, Noa Díaz, presentou a exposición fotográfica "Desenfoque climático, o cambio a través dos elementos naturais", organizada por alumnado do CPR O Raio Verde. A mostra, saída dun certame fotográfico en torno aos efectos do cambio climático na natureza e na sociedade, estará na sede da Fundación SGAE dende mañá xoves, ás 18:30 horas, ata o 12 de marzo. Logo pasará por diferentes centros socioculturais.

Leer más

EDUCACIÓN

Unha feira comercial, charlas de especialistas e obradoiros na sexta edición da Feira de Minerais

04/03/2020

Central acolle dende mañá xoves ao domingo 8 de marzo a sexta edición da Feira de Minerais de Santiago, unha ocasión para desfrutar dunha feira comercial con máis de 30 expositores de varios puntos de Europa con minerais, xemas e fósiles de lugares tan diferentes como Galicia e Portugal, Paquistán ou Namibia. A feira complétase con talleres de bateo de ouro, de identificación de minerais, de fósiles e de xemoloxía; un expositor de libros temáticos e charlas de especialistas na materia. Consolidada xa como a...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde explica á veciñanza de San Ignacio de Loyola o plan municipal para instalar ascensores e rehabilitar as vivendas

04/03/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores cunha representación da veciñanza de San Ignacio de Loyola, á que lle explicou o proxecto para mellorar a accesibilidade deste conxunto de vivendas mediante a instalación de ascensores, así como os avances para sacar unha convocatoria que lles permita a estes veciños e veciñas acceder a axudas para a rehabilitación das súas vivendas.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago recibe 64 solicitudes no marco do programa de axudas destinadas á rehabilitación dos inmobles da cidade histórica

04/03/2020

Este pasado luns, 2 de marzo, remataba o prazo para presentarse á convocatoria de axudas que ten en marcha o Consorcio de Santiago co fin de mellorar os edificios da cidade histórica compostelá. Trátase do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios e que inclúe ademais as actuacións sobre os elementos especiais de madeira e reixas. O organismo interadministrativo destinará a esta convocatoria un importe global de 300.000 euros.

Leer más
Compartir: