ESPAZOS CIDADÁNS

O aparcadoiro da Pontepedriña empezará a rexerse pola ORA para garantir a rotación

22/04/2019

Nos próximos días comezarán os traballos para sinalizar a nova zona ORA do aparcadoiro da Pontepedriña, así como para a instalación dos elementos necesarios para controlar o acceso e estacionamento dos vehículos nesta área. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, deu hoxe os detalles do acordo adoptado na última Xunta de Goberno, polo que se habilitará a zona azul no aparcamento situado baixo o viaduto ferroviario. Esta área, como o resto do sistema ORA,...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Nace o Roteiro Virtual da Lírica Medieval, un novo instrumento para coñecer e promocionar Compostela

22/04/2019

Redescubrir Compostela da man da lírica medieval e redescubrir as cantigas galego-portuguesas a través de lugares referenciais de Santiago. É o dobre obxectivo do Roteiro Virtual da Lírica Medieval, creado por un equipo de investigadores e investigadoras vinculadas á Universidade de Santiago, co apoio da Concellaría de Acción Cultural. Trátase dunha web, roteiroliricamedieval.gal, que recolle referencias aos autores...

Leer más

CENTROS CÍVICOS

Os centros cívicos celebran o Día Internacional do Libro

22/04/2019

As aulas de lectura dos centros cívicos da cidade súmanse á conmemoración do Día Internacional do Libro (23 de abril) con varias actividades de animación á lectura. Así, as instalacións de Vite, A Trisca, O Castiñeiriño, Santa Marta, Conxo e As Fontiñas contarán con obradoiros, xogos e ata un concurso de haikus.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde reúnese cunha representación do persoal do aeroporto, que demanda a AENA o mantemento do servizo de cantina

22/04/2019

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro Rafael Peña, reuníronse esta mañá cunha representación do persoal do aeroporto Rosalía de Castro que, durante as últimas semanas, veñen amosando a súa preocupación polo servizo de cantina do aeroporto, que sairá a licitación de maneira independente das tres cafeterías de uso público.

Leer más
Compartir: