EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Admitidas todas as solicitudes para a edición de setembro do Programa de Conciliación de Verán

31/08/2018

A Concellaría de Educación e Cidadanía vén de admitir todas as solicitudes presentadas para a edición de setembro do Programa Municipal de Conciliación de Verán, que se celebrará os días 3, 4, 5, 6, 7, 10 e 11 do vindeiro mes. En calquera caso, aquelas familias que o desexen aínda teñen a oportunidade de inscribir os seus nenos e nenas no programa. Cómpre lembrar tamén que se ampliou a dous días máis o programa debido ao cambio das datas de inicio do novo curso escolar.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicada a redacción do proxecto dos accesos á futura estación de autobuses da intermodal

31/08/2018

A Xunta de Goberno adxudicou hoxe á empresa Proyfe a redacción do proxecto de reurbanización da rúa de Clara Campoamor, que servirá de acceso á futura estación de autobuses da intermodal. O alcalde, Martiño Noriega, salientou que o Goberno segue dando pasos para cumprir os seus compromisos, e conseguir que Santiago teña por fin unha infraestrutura longamente agardada e por fin desbloqueada".

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Máis de 30 creadoras europeas participarán nas residencias artísticas do proxecto Wom@rts a partir de setembro

31/08/2018

Co obxectivo de promover unha presenza igualitaria das mulleres como axentes activos da contorna artística, o proxecto Wom@rts desenvolverá este ano diversas actividades culturais en distintas cidades europeas. Do 10 de setembro ao 24 de outubro, as localidades de Avilés (España), Angoulême (Francia) e Limerick (Irlanda) acollerán tres residencias creativas dirixidas a artistas visuais-dixitais, ilustradoras e debuxantes de cómics e gravadoras, nas que máis dunha trintena de profesionais de dez países diferentes...

Leer más
Compartir: