CIDADE HISTÓRICA
A iniciativa impulsada polo Concello de Santiago e a Xunta para mellorar a conectividade no casco histórico entra na fase final coa activación das primeiras conexións nas rúas do Franco e do Vilar
O operador Orange vén de iniciar o proceso para que esta semana os veciños destas rúas poidan dar de alta este servizo. Unha vez comprobado o correcto funcionamento nestas primeiras vivendas e o control da instalación das acometidas individuais, ampliarase o servizo de forma progresiva a outras rúas. O despregamento conta cun investimento privado de 2,4 millóns de euros e o seu alcance esténdese a todo o ámbito do Plan Especial do casco histórico.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local acorda iniciar un novo procedemento de licitación do servizo de limpeza nos edificios e instalacións municipais
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, aprobou, entre outros asuntos, o inicio dun novo procedemento de licitación do servizo de limpeza nos edificios e instalacións dependentes do Concello de Santiago e a concesión da licenza para a sexta fase de despregamento da rede de fibra óptica na cidade histórica.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago, designado representante da FEMP no Foro Local para a Axenda Urbana Española
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, foi designado polo pleno da FEMP, a Federación Española de Municipios e Provincias, como representante no Foro Local para a Axenda Urbana Española. O rexedor agradeceu o nomeamento, e manifestou o compromiso do concello cun desenvolvemento sustentable, no que primen aspectos como o medio ambiente, a mobilidade, ou a eficiencia na xestión dos recursos públicos.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que se manterán, dentro das posiblidades do concello, os programas de axuda social e económica
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualifica de preocupantes as datas de contaxios na área de Santiago, en aumento desde o 5 de xaneiro, cunha incidencia de 450 casos por cen mil habitantes. O rexedor confirma que, ante a situación prolongada de crise, manteránse, "na medida das nosas posiblidades", os programas de axuda social e as subvencións aos sectores económicos máis afectados.
ALCALDÍA
O 20 de xaneiro celébrase o pleno de aprobación da conta xeral de 2019, e o día 30 está previsto o do debate sobre o estado do municipio
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo anunciou en rolda de prensa a celebración, nos vindeiros días, de tres plenos: o día 20, que tería como obxecto a aprobación da conta xeral do Concello de Santiago do ano 2019; o pleno ordinario do día 28; e a sesión de debate do estado do municipio, que previsiblemente se celebrará, segundo informou o rexedor, o 30 de xaneiro.
DEPORTES
Recepción a Ruth Lorenzo, bronce en kumite na Liga Nacional de kárate; e Estrella López, terceira no campionato europeo de iudo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a Ruth Lorenzo Couso, bronce en kumite na Fase Final de la Liga Nacional de kárate 2020; e a Estrella López Sheriff, bronce no campionato europeo de iudo celebrado en Praga en novembro de 2020.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Ábrese o prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio
A concellería de Mobilidade lembra que dende mañá, 15 de xaneiro, e ata o 15 de febrero, permanecerá aberto o prazo para aboar a taxa anual correspondente ás tarxetas de Municipio, para todas aquelas persoas que xa posúan unha destas tarxetas.
ALCALDÍA
O alcalde sinala, no décimo aniversario da Cidade da Cultura, que no futuro será unha infraestrutura significativa e representativa do conxunto de Galicia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou, despois de asistir aos actos do décimo aniversario da Cidade da Cultura, que "dentro de 40 anos", cando se cumpla medio século do seu funcionamento, "será unha infraestrutura, un equipamento asumido por todos os galegos como un emblema e un elemento significativo e representativo do conxunto de Galicia"; e estará "integrada dentro da malla urbana da cidade". Sinala que o complexo se está consolidando como un referente "absolutamente positiva", que o...
URBANISMO
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente sobre o sistema de alumeado ornamental Biolumen enmarcado no proxecto Smartiago
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, do "Estudo de Viabilidade do Plan de Actuación para o desenvolvemento dun sistema de alumeado ornamental para a conservación do patrimonio (Biolumen) que está a desenvolver a sociedade "Televés, S.A.", en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a empresa Ferrovial para unha instalación piloto de iluminación da fachada da Casa do Cabido, no...
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Nova poxa de obxectos perdidos do Concello de Santiago
Ata o 25 de xaneiro, as persoas interesadas poden poxar polos obxectos perdidos na vía pública e depositados nas dependencias da Policía Local do concello de Santiago de Compostela. A poxa lévaa a cabo, igual que a do pasado novembro, a empresa Sala Retiro. Son un total de 291 pezas as que se sacan á venda a través da web da Sala Retiro.