PROXECTOS EUROPEOS

O Concello substituíu 2.558 puntos de luz graza ao programa de axudas do IDAE

17/01/2020

O Programa de Axudas para Actuacións de Reforma de Instalacións de Iluminación Exterior Municipal, posto en marcha polo Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), permitiu ao Concello de Santiago a reforma de 2.558 puntos de luz. O Goberno local beneficiouse da concesión dun préstamo reembolsable por importe de 1.465.164,18 € co que executou as catro fases destas actuacións de renovación de iluminación. Este programa está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro...

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece mañá sábado un concerto para o público familiar que servirá para visibilizar a Agadea

17/01/2020

A Real Filharmonía de Galicia celebra mañá sábado, 18 de xaneiro, un novo novo concerto dentro do proxecto RFG Solidaria, centrado na colaboración con varias ONGs galegas e da cidade que loitan por diferentes causas. Este concerto familiar estará dedicado a visibilizar o traballo que desenvolve Agadea, a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello e o Colexio de Médicos da Coruña colaborarán para converter o casco histórico nunha "zona cardioprotexida"

16/01/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán, e o seu vicepresidente primeiro, Francisco Javier de Toro. No encontro falaron de dúas posibles colaboracións, unha para converter o casco histórico de Santiago nunha "zona cardioprotexida" e outra para impulsar un plan para mellorar a información da mocidade en torno ás enfermidades de transmisión sexual.

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Departamento de Educación Viaria da Policía Local leva a campaña "Ti controlas, ti decides" ás aulas de Bacharelato

16/01/2020

"Ti controlas, ti decides" é o lema da campaña que o Departamento de Educación Viaria da Policía Local está levando ás aulas 1º de Bacharelato dos institutos da cidade durante este mes de xaneiro. A actividade está deseñada especificamente para estes mozos e mozas, próximos/as á idade de obtención do carné de conducir, proporcionándolles información de primeira man sobre as causas polas que se producen os accidentes de tráfico, os factores que interveñen e as...

Ler máis
Compartir: