CAPITAL CULTURAL

‘Bailador’, a danza tradicional galega en linguaxe contemporánea

27/02/2024

A compañía de danza de Óscar Cobos constrúe un espectáculo con música de Berrogüeto para render homenaxe ao papel das mulleres na preservación das formas tradicionais do baile galego. A actuación terá lugar no Auditorio de Galicia este xoves ás 20.30 horas e aínda hai entradas dispoñibles no despacho de billetes da Zona C e na web de Compostela Cultura

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

O Concello e Agadea colaboran en cadanseu programa para activar mente e corpo das persoas maiores

27/02/2024

O próximo un de marzo comezan os programas de envellecemento activo que poñen en marcha a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e a Asociación Galega de Axuda a Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer, e que se desenvolverán en varios centros socioculturais tanto do ámbito urbano como do rural. Haberá dúas actividades diferentes: unha delas dirixida ao adestramento mental e a outra pensada para a activación física das persoas maiores.

Leer más

CONSORCIO

A mostra fotográfica de Denís Estévez "Lousas dun mesmo Mundo" chega á Casa do Cabido

27/02/2024

A Casa do Cabido acolleu esta mañá a presentación da exposición 'Lousas dun mesmo Mundo' de Denís Estévez. O artista plástico presenta 20 evocadoras fotografías que invitan á crítica e á reflexión. Ao acto de apertura da mostra fotográfica acompañaron ao artista a alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín, e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.

Leer más

EDUCACIÓN

O Concello de Santiago e Kalandraka convocan o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

26/02/2024

O Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, dirixido a autores/as e ilustradores/as de todas as nacionalidadese e cunha dotación económica de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 16 de maio e o fallo do xurado darase a coñecer durante a segunda quincena de xuño. Os detalles do certame foron presentados esta mañá pola concelleira de Educación, Míriam Louzao; a coordinadora de Kalandraka Editora, Manuela Rodríguez; a...

Leer más

ALCALDÍA

O Concello homenaxea o economista Manuel Colmeiro y Penido cunha placa no parque das Ciencias

26/02/2024

O parque das Ciencias acolleu esta mañá un acto de homenaxe ao economista Manuel Colmeiro y Penido, nomeado "Científico Galego do Ano" no 2023 pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). Ao evento, organizado polo Concello de Santiago en colaboración coa Academia, asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o presidente da RAGC, Juan Manuel Lema Rodicio, e membros da Corporación municipal.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as bases e a convocatoria do Premio Xohana Torres 2024

26/02/2024

A Xunta de Goberno deu luz verde á nova convocatoria do 'Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega' para o ano 2024. As propostas presentadas poderán ser obras de carácter histórico, político, científico, literario, artístico que deberán abordar a participación das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega co obxectivo de reconstruír a súa memoria histórica. O executivo municipal tamén deu luz verde...

Leer más

MOBILIDADE E CONVIVENCIA

Máis de 1.200 nenos e nenas de 25 colexios visitan nestes días o parque infantil de tráfico

26/02/2024

O Parque Infantil de Tráfico instalado pola Policía Local en Amio recibirá nestes días a visita de máis de 1.200 alumnos e alumnas de 25 colexios de Santiago. O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Xan Duro, achegouse esta mañá ata o recinto feiral, onde coincidiu co alumnado do CEIP Rodríguez Xixirei da Lavacolla. O edil salientou "o importante traballo que desenvolve o departamento de Educación Viaria da Policía Local, mostrando cales deben ser as prácticas seguras como péons e como...

Leer más
Compartir: