CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia celebra a vindeira semana un ciclo de concertos gratuítos en barrios da cidade

13/09/2019

A Real Filharmonía de Galicia ten entre as súas prioridades achegar a orquestra e a música clásica a toda a cidadanía. Así, ao longo desta temporada están previstas unha serie de actuacións na rúa e noutros espazos diferentes á sede da orquestra, o Auditorio de Galicia. Nesta liña, a RFG inicia a vindeira semana un ciclo de concertos gratuítos en barrios emblemáticos da cidade compostelá, baixo a batuta do seu director titular e artístico, o mestre Paul Daniel.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

Entregadas as 54 parcelas do Campo das Hortas

13/09/2019

As hortas urbanas municipais son espazos dentro das zonas verdes da cidade que o Concello cede durante catro anos aos cidadáns para uso hortícola. Con estas parcelas establécese un novo concepto de espazo verde que supón unha mellora ambiental para cidades, así como da calidade de vida dos seus cidadáns, onde a participación cidadá é fundamental pois son froito do traballo e coidado dos propios usuarios, a diferenza dos xardíns e parques, coidados e mantidos polos servizos municipais.

Ler máis

ALCALDÍA

O IES Xelmírez I celebra o seu 175 aniversario

12/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá varias xuntanzas. Unha delas, acompañado da concelleira de Educación, Noa Díaz, foi cunha delegación do IES Xelmírez I, encabezada polo seu director, Manuel Portas.

Ler máis

ALCALDÍA

Recepción municipal á Asociación PuntoGal

12/09/2019

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Modernización da Administración Local, Marta Abal, recibiu á directiva da Asociación PuntoGal e aos participantes na reunión do Geotld Group, que representa a varios dominios xeo-lingüísticos, e que se celebra ata mañá en Santiago de Compostela. Tamén asistiron ao acto os voceiros do PP, Alejandro Sánchez-Brunete; de Compostela Aberta, Martiño Noriega; e do BNG, Goretti Sanmartín.

Ler máis

MOBILIDADE

O Concello celebra a Semana Europea da Mobilidade con pedaladas, actividades para os/as cativos/as e unha mostra de vehículos sostibles

12/09/2019

Santiago de Compostela sumarase un ano máis á Semana Europea da Mobilidade, que se celebra do 16 ao 22 de setembro. O Concello, coa colaboración de colectivos como Composcleta ou establecementos como Decathlon, organiza varias actividades para concienciar á cidadanía dos beneficios dos modos de desprazamento sostibles. Haberá unha xornada dedicada á bicicleta, actividades con varios centros escolares e unha exposición sobre vehículos non contaminantes.

Ler máis

ALCALDÍA E EDUCACIÓN

Normalidade no inicio do curso escolar en Santiago

11/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Noa Díaz, inauguraron o curso escolar 2019/2020 cunha visita ao CEIP Quiroga Palacios. Acompañados da directora do centro, Olga Raíces, percorreron varias aulas de primaria e infantil e achegáronse ata o novo parque de xogos. Tanto o rexedor como Noa Díaz destacaron a normalidade coa que comezaron as clases.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Visitas guiadas, conferencias e danza na segunda edición da Semana do Patrimonio Invisible

11/09/2019

A Semana do Patrimonio Invisible celebra a súa segunda edición do 18 ao 22 de setembro, ofrecendo 26 visitas a espazos que habitualmente están pechados ao público, e acollendo tamén A Noite do Patrimonio, do Grupo Cidades Patrimonio de España. Todas as actividades son de balde, sen ben para as visitas guiadas é preciso inscribirse, xa que serán en quendas pechadas de 15 persoas cada unha.

Ler máis
Compartir: