ACCIÓN CULTURAL

A obra "Como agullas finas cravadas no pescozo" de María Caíña Hurtado, gañadora da cuarta edición dos Premios SELIC de creación literaria

21/12/2021

A obra de teatro "Como agullas finas cravadas no pescozo", de María Caíña Hurtado, é a gañadora da cuarta edición dos Premios SELIC de creación literaria, convocados polo Concello de Santiago. O accésit foi para a novela "Os acios tardegos", de Antonio Piñeiro Fernández. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, destacou a singularidade deste galardón, que ten como obxectivo enriquecer o patrimonio literario de Compostela en lingua galega.

Leer más

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local estrea nove vehículos

21/12/2021

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación dos novos vehículos rotulados cos que vai contar dende hoxe a Policía local de Santiago: 8 turismos Seat Ateca e 1 todoterreo Land Cruiser. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños; e o xefe da Policía Local, José Ramón Silva.

Leer más
Compartir: