ACCIÓN CULTURAL

Vinte cantantes procedentes de 11 países competirán esta fin de semana no IV Concurso de Canto Compostela Lírica, cuxa final estará presentada pola actriz Mabel Rivera

10/12/2021

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Santiago, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Consello da Cultura Galega, convoca o IV Concurso de Canto Compostela Lírica tras o éxito de participación e público das tres primeiras edicións. Un total de vinte solistas competirán esta fin de semana no certame, que se celebrará no Auditorio de Galicia.

Leer más

ALCALDÍA

O Ministerio de Transportes preselecciona os proxectos de construción dun aparcadoiro disuasorio e dun centro loxístico de distribución de mercadorías presentados polo Concello

10/12/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou en rolda de prensa que os proxectos de construción dun aparcadoiro disuasorio e dun centro loxístico de distribución de mercadorías para a cidade histórica, ambos en Meinxonfrío, que o Concello presentou ás axudas do Ministerio de Transportes superaron a primeira fase.

Leer más
Compartir: