CENTROS SOCIOCULTURAIS

En marcha as aulas de lectura e de xogos dos centros socioculturais

17/09/2019

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, presentou a programación trimestral das aulas de lectura e de xogos dos centros socioculturais. Despois dun tempo sen ela, estes espazos (os máis nos CSC) volven ter unha programación específica, con numerosas actividades para todas as idades.

Leer más

ALCALDÍA

Parabéns muncicipais aos xogadores do Santiago Futsal campións de Europa sub-19

17/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Néstor Valle, Álvaro Recio e Adrián Rodríguez, xogadores do Santiago Futsal que o pasado sábado se proclamaron campións de Europa coa Selección Española Sub-19. No acto tamén participaron a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; os voceiros do PP, Alejandro Sánchez-Brunete; Compostela Aberta, Martiño Noriega; e BNG, Goretti Sanmartín, e a tamén concelleira nacionalista Navia Rivas.

Leer más

IGUALDADE

O Concello repudia o triplo asasinato de Valga e denuncia as mensaxes que "contribúen a xustificar a violencia de xénero"

17/09/2019

A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista de tres mulleres este luns en Valga (Pontevedra). Ademais, leuse unha declaración institucional, asinada polos catro grupos municipais, en solidariedade coas vítimas e en apoio ás mobilizacións feministas convocadas para o 18 de setembro e á campaña #EmerxenciaFeminista, promovida con motivo da acción prevista para o 20 de setembro.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia celebra este mércores un concerto gratuíto no Centro Sociocultural de Fontiñas

17/09/2019

A Real Filharmonía de Galicia ten entre as súas prioridades achegar a orquestra e a música clásica a toda a cidadanía. Así, ao longo desta temporada están previstas unha serie de actuacións na rúa e noutros espazos diferentes á sede da orquestra, o Auditorio de Galicia. Nesta liña, a RFG inicia esta semana un ciclo de concertos gratuítos en barrios emblemáticos da cidade compostelá, baixo a batuta do seu director titular e artístico, o mestre Paul Daniel.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Mercedes Rosón explica a experiencia cultural de Santiago no IV Foro Iberoamericano de Alcaldes: Patrimonio Vivo

17/09/2019

A concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, e de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou hoxe na mesa redonda "Desenvolvemento produtivo con inclusión: o rol das industrias creativas e culturais na economía local", que se tivo lugar no marco do IV Foro Iberoamericano de Alcaldes: Patrimonio Vivo, que se celebra en Sevilla. Durante a súa intervención, sinalou que en Compostela, cultura e patrimonio levan séculos "intimamente relacionados. E é aí onde estamos traballando, nesa simbiose....

Leer más
Compartir: