XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local adxudica os Fogos do Apóstolo por case 258.000 euros

01/07/2019

A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns o servizo de deseño, produción, montaxe e realización dos espectáculos nocturnos das festas do Apóstolo 2019, por un importe total de 257.713 euros (IVE incluído). Acciona Producciones y Diseño repite na organización dos Fogos, xa que tamén foi a empresa adxudicataria na edición de 2018.

Ler máis

CONSORCIO

Tres músicos/as noveis de Galicia tocarán como solistas coa Real Filharmonía xunto a outros mozos/as procedentes de Holanda, Canadá e Rusia

01/07/2019

O IX Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos e doutros países, clausúrase este mércores, 3 de xullo, como é habitual, cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos/as noveis de Galicia e tamén a outros procedentes de Holanda, Canadá e Rusia. Esta cita terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Youtubeir@s agradece o Premio Mil Primaveras e lembra que o prazo para inscribirse no concurso permanece aberto até o 27 de setembro

01/07/2019

O Proxecto Youtubeir@s, organizado polos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, as universidades da Coruña, Santiago e Vigo e a Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua, vén de recibir o Premio Mil Primaveras, na categoría de proxecto máis innovador. Recoñeceuno así o xurado ao ver en Youtubeir@s unha iniciativa que aborda "un medio prioritario para o...

Ler máis

PRESIDENCIA

Entregados os premios do proxecto Argos

01/07/2019

O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, asistiu este mediodía á entrega de premios de Argos, un programa de equipos de emprendemento desenvolvido conxuntamente pola USC e a incubadora de empresas Uninova, na que colabora o Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo. Os proxectos de empresas gañadores nas dúas modalidades nas que se divide o programa foron "Árnigal Cultivos", e "Bewell". Cada un deles recibirá 3.000 euros e terá seis meses de acceso...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Este xoves, nova ruta en bicicleta no marco do programa "Pedalea"

01/07/2019

Ese vindeiro xoves 4 de xullo, ás 18:00 horas, celebrarase unha nova ruta en bicicleta dentro do programa Pedalea, posto en marcha dende a rede de centros socioculturais. A proposta arrincou o pasado sábado cun percorrido pola zona de Aríns no que participaron 17 persoas.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde participou na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio

01/07/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este luns en Alcalá de Henares na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. Nesta primeira xuntanza do mandato 2019-2023, o rexedor compostelán recibiu a insginia como novo membro da Asemblea, xunto con outros seis alcaldes.

Ler máis
Compartir: