ACCIÓN CULTURAL

Acción Cultural traballa na reprogramación dos espectáculos suspendidos polo estado de alarma

31/03/2020

A Concellaría de Acción Cultural está traballando na reprogramación dos espectáculos suspendidos a causa do estado del alarma decretado por mor do COVID19. Para non impactar no que está planificado no segundo semestre, están intentando axendalas para o mes de xullo, e no caso de que as restricións se alonguen, para o mes de agosto, e incluso para setembro.

Leer más

ALCALDÍA

Asinado o convenio de colaboración entre o Concello e as asociacións de taxis para a prestación do servizo a persoas en situación de vulnerabilidade

31/03/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou hoxe o convenio de colaboración entre o Concello, a Asociación Compostelana de Autotaxi, e a Asociación de Profesionais do Taxi, para a prestación do servizo de transporte no termo municipal a persoas en situación de vulnerabilidade social. Na sinatura do documento tamén estaban presentes a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e o responsable de Mobilidade, Gonzalo Muíños.

Leer más

EDUCACIÓN

Prorrogado o prazo de envío de obras para o XIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

31/03/2020

O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora, que convocan o XIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, comunican que, ante a pandemia mundial de COVID-19, prorrogáse o prazo de envío de obras que finalizaba, inicialmente, o 30 de abril de 2020. A data definitiva comunicarase o propio 30 de abril, a través das respectivas páxinas web do Concello de Santiago de Compostela e de Kalandraka Editora, así como das súas correspondentes canles nas redes sociais. A...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O Concello prega á cidadanía que extreme os coidados ao depositar o lixo durante o período de confinamento

30/03/2020

O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Medio Ambiente; Urbaser, empresa concesionaria da recollida do lixo; e a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), destino final dos residuos, comunican á cidadanía que, durante o período de confinamento domiciliario pola pandemia do coronavirus, deben extremarse os coidados á hora de depositar os residuos domésticos que se xeran.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello xa atende de xeito directo a máis de 2.300 persoas do municipio

30/03/2020

A Xunta de Goberno celebrada este luns adoptou diversas medidas en relación coa crise do Covid-19 e deuse conta doutras xa postas en marcha. Entre estas medidas, o alcalde destacou a posta en marcha este mesmo luns dos tickets especiais de compra, que xa hoxe poden recoller unhas 400 familias para mercar alimentos e produtos básicos en varias tendas de barrio e cadeas de supermercados.

Leer más

ALCALDÍA

Preto de 500 familias xa solicitaron o seu tícket especial de compra

27/03/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, indicou que 476 familias xa solicitaron facer uso do ticket especial de compra, o bono posto en marcha polo Concello para que as unidades familiares con máis dificultades poidan adquirir alimentos e produtos básicos nos principais supermercados e tendas de barrio. A solicitude destes tíckets segue aberta a través do teléfono 010.

Leer más

LECER

O Concello de Santiago agrupa distintas actividades de ocio destinadas á cidadanía baixo o hastag #Compostelaquedanacasa

27/03/2020

#Compostelaquedanacasa é o hastag co que o Concello de Santiago agrupa varias actividades recompiladas dende os distintos departamentos co obxectivo de facer máis levadeira a estancia nos fogares durante a crise do COVID19. Na rede existen unha chea de recursos docentes, culturais e deportivos que se están poñendo a disposición das familias e dos nenos e nenas para que o tempo de confinamento se converta en tempo de ocio.

Leer más
Compartir: