CONVIVENCIA

A Policía Local constata que moitos pais e nais utilizan incorrectamente os Sistemas de Retención Infantil

19/06/2017

A Policía Local controlou 243 menores na campaña de vixilancia do uso dos Sistemas de Retención Infantil, e o 30 por cento deles estábanos utilizando de xeito incorrecto. Os principais erros detectados foron os de nenos e nenas que levaban os arneses demasiado frouxos, ou aos que lles saía a cabeza por riba da cadeira. Tamén foron localizados catro menores sen utilizar ningún sistema de seguridade.

Ler máis
Compartir: