COMERCIO E LINGUA

Arranca o V Concurso de Publicidade Comercial en Galego para fomentar o uso da lingua no pequeno comercio da cidade

01/06/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá a quinta edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, un certame que pretende ser "un incentivo para a galeguización da comunicación entre as empresas e o público e tamén un recurso para promover a calidade e a creatividade nesa comunicación".

Ler máis

IGUALDADE

Constituída a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero

01/06/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiu esta mañá a constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, que reúne a diversas administracións, colectivos e entidades para tecer políticas públicas comúns que erradiquen a violencia de xénero.

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega colabora coa campaña de recollida de fondos da Asociación Española contra o Cancro

01/06/2017

O alcalde achegouse este xoves ata unha das mesas instaladas na cidade pola Asociación Española Contra o Cancro, na súa tradicional campaña de recollida de fondos. Martiño Noriega fixo entrega dun donativo para colaborar coas actividades da entidade, centradas no apoio á investigación sobre unha enfermidade que lle afecta no conxunto do Estado a máis dun millón e medio de persoas.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Preto de 200 nenos e nenas participaron no Festival de Música e Movemento da Escola Municipal de Música

01/06/2017

O Auditorio Abanca acolleu en dúas xornadas o Festival de Música e Movemento da Escola Municipal de Música, no que participaron preto de 200 nenos e nenas de 3 a 7 anos, acompañados polo seu profesorado: Beatriz Busto, Víctor Collazo, Olaia Novo e Pilar López. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación, Manuel Dios, tamén sumaron ao evento.

Ler máis
Compartir: