TURISMO

O Concello agarda que a Semana Santa de Santiago sexa Festa de Interese Turístico de Galicia no 2018

06/04/2017

A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou o expediente que nos vindeiros días se elevará á Xunta de Galicia para obter o recoñecemento da Semana Santa como Festa de Interese Turístico de Galicia. A concelleira estivo acompañada por Jorge García, presidente da Xunta de Confrarías de Santiago, entidade que colaborou con Turismo de Santiago na elaboración do informe. Tamén estivo acompañada pola presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, coa que Turismo de Santiago organiza a...

Ler máis

COMERCIO

Aprobado o Plan Estratéxico de Comercio 2017-2021

06/04/2017

A Mesa Local de Comercio, formada polo Goberno municipal, os partidos da oposición, a Cámara de Comercio, a Fundación Santiago Centro, Compostela Monumental, Em-Rede, a Unión de Consumidores de Galicia, a Federación de Comercio da Provincia da Coruña ou o Mercado de Abastos vén de aprobar o Plan Estratéxico de Comercio para o período 2017-2021.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Segue aberta a matrícula no Programa de Conciliación de Semana Santa 2017

06/04/2017

Unha vez rematado o prazo de inscrición no Programa de Conciliación Familiar e Laboral para esta Semana Santa 2017, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía, comunícase que todas as persoas que entregaron a solicitude no Rexistro están admitidas e, á vista de que aínda quedan prazas dispoñibles, continúa aberta a posibilidade de matrícula.

Ler máis

DEPORTE

SantYaGo10K ten xa case 200 persoas inscritas a un mes para a carreira

06/04/2017

SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostelas, celebrarase o sábado 6 e maio ás 22:00 horas. Cando queda aínda un mes para a carreira hai xa preto de duascentas persoas inscritas para participar. A carreira, sobre un circuito lineal de 10 kilómetros, ten a saída en San Francisco e a chegada na praza do Obradoiro, e percorrerá a Alameda e as principais rúas do Casco Histórico. Nas dúas primeiras edicións, a participación chegou ás 2.000 persoas.

Ler máis
Compartir: