CONVIVENCIA

Protección Civil de Santiago superou os 650 operativos no ano 2016, a cifra máis alta da súa historia

05/04/2017

Protección Civil de Santiago participou o ano pasado en 652 operativos. É o número máis alto da historia da agrupación, que superar o récord acadado en 2015 con 599 intervencións. É o dato máis salientable da memoria de actividades presentada hoxe pola xefa de Protección Civil de Santiago, Begoña del Río, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde mostra o seu malestar co trato que os Orzamentos Xerais do Estado lle dan a Santiago

05/04/2017

O alcalde fixo hoxe unha primeira valoración dos Orzamentos Xerais do Estado para 2017, e das partidas que destinan a Santiago. Martiño Noriega recoñeceu a súa "indignación e malestar" cunhas contas que "teñen moitas máis sombras que luces", e que supoñen "o incumprimento de importantes compromisos adquiridos coa nosa cidade". O rexedor lembrou que o trato que recibe Compostela nos Orzamentos Xerais do Estado non é distinto do que recibe o conxunto de Galicia "cunha caída do investimento a...

Ler máis

DEPORTE

A campaña "Sen respecto non hai xogo" chegou a Compostela

05/04/2017

O Concello de Santiago prestou o seu apoio á charla educativa celebrada este mércores no Auditorio Abanca dentro da campaña "Sen respecto non hai xogo", promovida pola Cadena Ser. O obxectivo destas sesións para escolares é a erradicación do racismo, da violencia e da discriminación no fútbol e no deporte en xeral.

Ler máis
Compartir: