DEREITO Á VIVENDA

O Concello incentiva o alugueiro residencial de vivendas baleiras cunha convocatoria propia de subvencións

10/09/2018

As axudas municipais para a mobilización de vivendas en alugueiro permitirá cubrir a metade dos gastos de pequenas reparacións e acondicionamento dos pisos, o custo do certificado de eficiencia enerxética e unha cantidade similar á do imposto de bens inmobles. Estas subvencións pretenden "incentivar que a propiedade poña as súas vivendas baleiras a disposición das familias, apartándose do mercado turístico que segue á alza e que motiva un aumento dos prezos do alugueiro en Compostela".

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Publicada a resolución provisional da convocatoria de axudas do "bonotaxi"

10/09/2018

A Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos vén de facer pública a resolución provisional da convocatoria de axudas individuais para o uso do "bonotaxi". Este servizo de taxi está pensado como como medio alternativo para as persoas con déficits de mobilidade ou que non poden ou presentan grandes dificultades para o uso do transporte colectivo. Ábrese un prazo de dez días para a presentación de alegacións.

Ler máis

CONSORCIO

A RFG inicia este mércores un ciclo de concertos gratuítos ao aire libre en barrios emblemáticos de Santiago

10/09/2018

A Real Filharmonía de Galicia ten entre as súas prioridades achegar a orquestra e a música clásica a toda a cidadanía. Así, ao longo desta temporada están previstas unha serie de actuacións na rúa e noutros espazos diferentes á sede da orquestra, o Auditorio de Galicia. Nesta liña, a RFG inicia este mércores un ciclo de concertos gratuítos ao aire libre en barrios emblemáticos da cidade, baixo a batuta do xove mestre polaco Jan Wierzba.

Ler máis
Compartir: