ACCIÓN CULTURAL

Aberto o prazo de inscrición para a XV edición do festival de cine Curtocircuíto

18/04/2018

Xa está aberto o prazo para participar na 15ª edición do Festival Internacional de Cine, Curtocircuíto, que se celebrará do 29 de setembro ao 7 de outubro. Todos os que queiran inscribir as súas curtametraxes poden facelo, de balde a través da plataforma shortfilmdepot.com, sendo a data límite para facelo o 31 de maio de 2018. As curtametraxes teñen que durar un máximo de 59 minutos (títulos de crédito incluídos), deben estar rematadas con...

Ler máis

CONSORCIO

A Casa do Cabido acolle unha exposición dos fondos da biblioteca histórica do Instituto Xelmírez I

18/04/2018

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, na que se abordaron asuntos de trámite. Unha vez rematada a xuntanza, os membros da mesma acudiron á inauguración da exposición "A pegada do coñecemento" na Casa do Cabido. Reúne os principais fondos da biblioteca histórica do Instituto Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Os institutos de Santiago seguen traballando sobre o Banquete de Conxo

18/04/2018

Os institutos de Santiago de Compostela continúan a traballar durante este mes de abril en torno á programación didáctica O Banquete de Conxo de 1856. A confraternización como símbolo, realizada por Alfonso Iglesias, profesor de Historia da Universidade do Porto e membro do grupo Hispona da Universidade de Santiago.

Ler máis

LINGUA

Máis de 70 vídeos participan no certame Enreguéifate

18/04/2018

Unha vez rematado o prazo para participar no certame Enreguéifate, foron máis de 70 os vídeos recibidos entre a categoría xeral e a escolar. Esta última foi a máis concorrida, con regueifeiros/as de múltiples centros educativos de todo o país.

Ler máis
Compartir: