CENTROS CÍVICOS

O Centro Sociocultural do Ensanche celebra dende este sábado o Día da Poesía e a chegada da primavera

09/03/2018

O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle dende este sábado 10 e ata o 21 de marzo diversas actividades relacionadas co Día da Poesía (21 de marzo) e co inicio da primavera (20 de marzo). O calendario abrirase cun acto simbólico, a colocación do tronco dunha árbore, que florecerá con poemas pouco a pouco grazas á colaboración dos usuarios e usuarias do centro.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello reformará a praza da Constitución

09/03/2018

A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de execución da reforma da praza de Constitución, ao que se van destinar case 350.000 euros. A actuación ten o obxectivo de xerar espazos que poidan ser utilizados polos diferentes usuarios, mellorando a convivencia neste punto da cidade. O alcalde lembrou que o proxecto responde a un acordo aprobado no Pleno por unanimidade de toda a Corporación.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Los Pilotos, Aries, Presumido e BFlecha, protagonistas da segunda edición do ciclo musical Compostela Conversa

09/03/2018

Compostela Conversa, o ciclo que nos descubre os vínculos de unión que se agochan tras algunhas das propostas artísticas máis interesantes do momento, anuncia a súa segunda edición con catro protagonistas moi especiais: Los Pilotos, a banda de Banin e Floren (Los Planetas), en pleno lanzamento do seu último disco; Aries, alter ego de Isabel Fernández, que volverá a redescubrirnos os sons curativos de Adieu or die; BFlecha, a produtora e DJ galega que experimenta con novos sons a través do...

Leer más

CONSORCIO

A exposición do escultor César Lombera permanecerá aberta ata despois de Semana Santa na Casa do Cabido, debido á grande afluencia de público

09/03/2018

A Casa do Cabido acolle a exposición Parafernalia, unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera, autor das Marías e do Valle-Inclán da Alameda compostelá. Inaugurábase a finais de decembro do pasado ano e, dende entón, xa visitaron a mostra preto de 3.000 persoas. Este éxito de público levou ao Consorcio de Santiago a ampliar a súa permanencia na Casa do Cabido ata despois da Semana Santa.

Leer más
Compartir: