ACCIÓN CULTURAL

Ata o 7 de maio os libros ‘viven’ na Alameda de Santiago

29/04/2023

"Vivir os libros", é o lema baixo o que este ano se celebra a Feira do Libro que desembarca en Compostela desde hoxe e ata o 7 de maio. Unha semana na que preto dun centenar de autoras e autores daranse cita no paseo central da Alameda que xa desde hoxe acolle máis dunha decena de librarías que sacan os seus libros á rúa.

Leer más

COMERCIO

Volve a festa do comercio local Prima 23 a primeira fin de semana de maio en diferentes barrios da cidade

28/04/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, animou ao sector comercial e ás asociacións a participar na cuarta edición de "Prima 23. A festa do comercio local", que se desenvolverá o xoves 4, o venres 5 e sábado 6 de maio en distintos barrios de Santiago. Un evento, sinalou o rexedor, "que pretende reforzar a aposta do Concello de Santiago polo comercio local e de proximidade". Ademais do alcalde, na presentación estivo presente a técnica responsable da área de Comercio, Lucía Castro que explicou...

Leer más

POLÍTICAS DE IGUALDADE

Primeiro encontro do proceso participativo para a elaboración dun "Protocolo de actuación fronte ás violencias sexuais en espazos de ocio nocturno"

28/04/2023

Catorce entidades asistiron hoxe á primeira reunión do proceso participativo para a elaboración dun "Protocolo de actuación fronte ás violencias sexuais en espazos de ocio nocturno" impulsado polo Concello de Santiago. Segundo explicou a concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, o obxectivo é a elaboración dun documento de prevención, identificación e denuncia deste tipo de violencias, que se adapte, tanto á normativa vixente como ás peculiaridades concretas e á...

Leer más

CONCELLO

FESTA DO BANQUETE DE CONXO

28/04/2023

A IV Festa do Banquete de Conxo celebrarase este ano o venres 12, sábado 13 e domingo 14 de maio na carballeira do Banquete de Conxo e na praza Aurelio Aguirre. Consulta nesta páxina toda a información.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Santiago recibe os fondos Next Generation para a consolidación do Anel verde de Compostela

28/04/2023

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico acaba de conceder 3.613.586,17 euros de fondos Next Generation ao "Proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago. Entre o Sar e o Sarela", que contempla cinco actuacións: o barrio verde de Pontepedriña, a lagoa do Auditorio, o xardín botánico, a lagoa de Cornes, e a renaturalización do monte do Viso. Todas elas reciben financiación, segundo destacou o alcalde de Santiago...

Leer más

EDUCACIÓN

Arranca o XXVII Certame de Teatro Intercentros no Teatro Principal

27/04/2023

O concelleiro de Educación, Rubén Prol, acompañado polos coordinadores da iniciativa, Sagrario Torreiro e Daniel Baamonde, presentou hoxe en rolda de prensa o XXVII Certame de Teatro Intercentros que levará ao escenario do Teatro Principal entre o 4 e o 11 de maio, 10 espectáculos protagonizados polo alumnado de 8 institutos de educación secundaria, e ao Centro Xove da Almáciga, o 12, 15 e 16 de maio, 8 representacións de 7 centros de primaria.

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio fan un chamamento á colaboración das administracións para dar resposta a grandes retos en materia de vivenda, rehabilitación e sustentabilidade urbana

27/04/2023

Hoxe clausuráronse as xornadas "Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade", promovidas polo Grupo de Cidades Patrimonio e patrocinadas polo Ministerio de Cultura. En representación de Santiago, nas xornadas participou a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, xunto a un amplo elenco de expertos e representantes das 15 Cidades Patrimonio.

Leer más
Compartir: