ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto acollerá a preestrea de "O que arde", de Oliver Laxe

22/08/2019

A próxima edición de Curtocircuíto, que se celebrará entre o 28 de setembro e o 6 de outubro, acollerá a preestrea galega de O que arde, o último e premiado filme de Oliver Laxe. Esta sesión especial terá lugar o martes 1 de outubro, ás 22:30 horas, no Teatro Principal, e contará coa presenza do cineasta e de Amador Arias e Benedicta Sánchez, protagonistas do filme.

Ler máis
Compartir: