MOBILIDADE

A rúa de Clara Campoamor será un bulevar urbano con amplos espazos para a mobilidade peonil e ciclista

04/09/2018

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe o anteproxecto elaborado pola empresa Proyfe, adxudicataria da redacción do proxecto básico de reurbanización da rúa de Clara Campoamor. Jorge Duarte explicou que a proposta persegue, ademais de dar servizo á futura estación intermodal, "darlle ao viario o tratamento de rúa urbana, mellorar a conectividade peonil e favorecer a mobilidade ciclista". A partir de agora, a empresa e o Concello traballarán para definir o proxecto de...

Leer más

ALCALDÍA

O Concello colabora no I Maxistral de Xadrez Cidade de Compostela

04/09/2018

Do 5 ao 13 de setembro, o comedor do Pazo de Fonseca acollerá o I Maxistral de Xadrez Cidade de Compostela, un evento que conta coa colaboración do Concello. O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe na presentación do torneo, nunha rolda de prensa na que salientou que "esta competición servirá para ir quecendo motores de cara ao Mundial de Xadrez nas categorías sub-8, sub-10 e sub-12, que se celebrará en Santiago no próximo mes de novembro".

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde recibe o embaixador británico

04/09/2018

O alcalde recibiu este martes o embaixador británico en España, Simon Manley, que asinou no libro de honra da cidade. Ambos conversaron sobre cuestións de interese para os cidadáns británicos que residen en Santiago e en Galicia.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

"Commedia", un dos grandes fitos do teatro galego, volve ser posta en escena en Compostela 25 anos despois

04/09/2018

Commedia volve a ser posta en escena 25 anos despois do éxito da súa estrea. Con boa parte do equipo creativo orixinal e agardando repetir o favor do público, a obra estará no Teatro Principal do 5 ao 8 de setembro. Serán cinco funcións, das que deron conta en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director da obra, Cándido Pazó; o director musical, Fernando Reyes, e os actores Víctor Mosqueira e Nuria Sanz.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Varios espazos singulares da cidade acollen a terceira edición de HerDanza

04/09/2018

Compostela acolle a terceira edición de HerDanza, Festival de Danza Contemporánea en Espazos Herdados, do 3 ao 8 de setembro. Este envento busca a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espazos máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza ofrece diversas actividades en torno á danza contemporánea: talleres formativos, conversas con profesionais da danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas, claustros e espazos abertos de Santiago de...

Leer más
Compartir: