POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase á conmemoración do Día Nacional do Dano Cerebral

26/10/2021

Santiago acolleu este mediodía un acto organizado pola asociación Sarela para conmemorar o Día do Dano Cerebral, que dende o ano 2007 se celebra cada 26 de outubro. Comezou cunha camiñada que saíu da Alameda e rematou na praza do Obradoiro, onde se deu lectura a un manifesto por parte de familiares e persoas afectadas por esta enfermidade. No acto participaron, ademais da edila de Políticas Sociais, Mila Castro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e os representantes dos grupos municipais.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Gala aRi[t]mar chega mañá ao Auditorio de Galicia

26/10/2021

A gala presentouse este martes no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, e contou coa presenza de Guadi Galego, premio á mellor canción en galego 2020. No acto tamén participaron o secretario xeral de Política Lingüística, o concelleiro de Políticas Lingüísticas de Santiago e o subdirector xeral de Cooperación Transfronteiriza da Xunta. A entrega de premios, organizada pola EOI, terá lugar este mércores 27 de outubro, a partir das 20.30h no Auditorio de Galicia. Serán 90' de espectáculo...

Ler máis

URBANISMO

Formalizada a cesión a Sionlla Biotech da parcela para a construción do Biopolo

25/10/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá a formalización da cesión da parcela para a construción e posta en funcionamento do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas, o Biopolo, cos representantes de Sionlla Biotech, José Fernández Alborés e Ramón Lois Lorenzo. No acto tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación de varios contratos, entre eles a xestión da rede de Centros Socioculturais

25/10/2021

A Xunta de Goberno local reunida hoxe, aprobou a licitación da xestión da rede de Centros Socioculturais, e de dous proxectos de Medio Rural: a mellora dos pavimentos en Pardiñas, (Laraño) e a ampliación do paso superior da ruta da Prata sobre as vías do ferrocarril, na cañoteira-Outeiro de Marrozos. Tamén se concedeu a licenza á Xunta de Galicia, por un importe superior aos 3,7 millóns de euros, para a execución da reforma interior do complexo administrativo de San Caetano. Dos acordos adoptados informou, en rolda...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reivindica a necesidade dun envellecemento "activo e produtivo" para a sociedade na apertura dos Diálogos sobre o futuro

25/10/2021

Xosé Sánchez Bugallo reivindicou o papel dos maiores de 65 anos na sociedade actual no acto de inauguración dos Diálogos sobre o futuro do envellecemento, que hoxe se celebrou en Santiago de Compostela. O acto contou coa presenza Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social; Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; e Diego Canga Fano, conselleiro Principal da DG de Agricultura e Medio Rural da Comisión Europea, entre outras autoridades. O encontro está organizado pola...

Ler máis

SMARTIAGO

Comeza a fase de experimentación nun escenario real do proxecto Cromalux, enmarcado en Smartiago, coa iluminación intelixente da Casa do Cabido

25/10/2021

Esta noite tivo lugar, na Praza de Praterías, o acendido piloto da iluminación intelixente da Casa do Cabido, dentro da iniciativa denominada Cromalux, enmarcada no proxecto Smartiago, que ten como obxectivo o desenvolvemento de sistemas de alumeado innovadores en edificios patrimoniais, que van permitir reducir o consumo enerxético nun 80% e ralentizar o crecemento da biodiversidade sobre as súas fachadas.

Ler máis

SMARTIAGO

Comienza la fase de experimentación en un escenario real del proyecto Cromalux, enmarcado en Smartiago, con la iluminación inteligente de la Casa del Cabido

25/10/2021

Esta noche tuvo lugar, en la Plaza de Platerías, el encendido piloto de la iluminación inteligente de la Casa del Cabido, dentro de la iniciativa denominada Cromalux, enmarcada en el proyecto Smartiago, que tiene como objetivo el desarrollo de sistemas de alumbrado innovadores en edificios patrimoniales, que van a permitir reducir el consumo energético en un 80% y ralentizar el crecimiento de la biodiversidad sobre sus fachadas

Ler máis
Compartir: