URBANISMO E BARRIOS

Comezan as obras de reurbanización da rúa Virxe Branca (O Castiñeiriño)

10/01/2013 Veñen de comezar as obras de reurbanización da rúa Virxe Branca, situada entre os SUNP 11 e 12, no Castiñeiriño. A obra, executada cun orzamento procedente de remanentes, ten un prazo de execución de tres meses.

As obras afectarán a canalizacións, beirarrúas, calzada e accesos ás vivendas. Atenderase deste xeito unha vella reivindicación dos veciños desta zona, que tiveron que sufrir o deterioro causado na rúa polo continuo paso de camións a raíz das obras nos polígonos da zona. Así, pavimentarase a calzada e as beirarrúas nun tramo duns 250 metros.

O proxecto contempla tamén actuacións nas redes de abastecemento e saneamento, co fin de atender as necesidades dun barrio que incrementou significativamente nos últimos anos o seu número de vivendas. Igualmente, mellorarase tamén as redes de subministro eléctrico e de telecomunicacións, así como o alumeado público.

Compartir: