TRÁFICO

Novos semáforos para mellorar a circulación viaria e peonil no Ensanche

23/02/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez, asistiron á posta en marcha dos novos semáforos situados nas interseccións da rúa República do Salvador con Xeneral Pardiñas e Doutor Teixeiro.

Albino Vázquez explicou que estes semáforos "van permitir regular o tráfico para evitar os atascos que se producen aquí en horas puntas como poden ser a saída dos colexios e determinadas horas comerciais". Nestes mesmos termos pronunciouse o alcalde, enmarcando esta actuación nas medidas do Goberno local para "mellorara a circulación no Ensanche".

Os dispositivos serán controlados dende a sala de pantallas do Departamento de Tráfico. En función do seu funcionamento nos vindeiros días, fixarase a temporalidade para que "sexan o máis efectivos posible tanto para o tráfico como para os peóns", engadiu.

Compartir: