Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
24/11/2011 Nestes días estase procedendo á instalación dunha pista de xeo natural na praza da Quintana. O recinto estará aberto entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro, segundo anunciou o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.
A pista de xeo natural ten unhas dimensións de 10 x 30 metros. Estará protexida cunha cuberta realizada con aluminio e PVC transparente. O Concello inviste 8.000 euros nesta instalación, que será inaugurada o xoves 1 de decembro, ás 20:30 horas, cun pequeno espectáculo, acompañado pola degustación de chocolate con churros e algunha que outra sorpresa.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.