Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
14/11/2011 O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, recibíu no Concello o presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar, quen lle presentou os actos da IV Bienal Literaria Internacional, que se vai celebrar en Compostela na segunda quincena de outubro de 2012. Nesta edición, o certame, baixo o título "Compostela, de pedra e de palabra", quere amosar o compromiso co medioambiente.
A Cidade da Cultura sería o marco elixido para este evento e serviría para achegar literaturas de Europa coas que Galicia a penas mantivo vínculos ata o momento, como as de Bosnia-Herzegovina, Polonia, Flandes, Suíza, Hungría, Noruega ou Escocia, entre outras.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.