Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
10/11/2011 A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, asistiu á inauguración das Xornadas Internacionais de Coaching (XIC), que se celebran no Cersia. Na inauguración tamén participaron a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a directora xeral do BIC Galicia, Maite Cancelo. Nestas xornadas, únicas en España, participan máis de 200 persoas procedentes de todo o país e mesmo do estranxeiro.
O obxectivo do evento é reunir en Santiago os principais coaches nacionais e internacionais, ao tempo que mostrar exemplos de éxito da aplicación empresarial do coaching da man de prestixiosos directivos do ámbito galego e español. Entre os participantes no XIC cabe destacar a presenza de Robert Dilts, un dos grandes mestres do Coaching, quen afirma que para ter éxito hai que apoiar o desenvolvemento da intelixencia colectiva e "especialmente hoxe, o directivo debe impulsar o traballo en equipo, debe anticiparse e innovar".Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.