Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
ALCALDÍA

O Nobel Richard Schrock cumpre co seu desexo de 40 anos de visitar Santiago

Acto de sinatura de Richard Schrock no Libro de Honra.
Ampliar Acto de sinatura de Richard Schrock no Libro de Honra.


O alcalde recibindo o científico norteamericano e a súa dona.
Ampliar O alcalde recibindo o científico norteamericano e a súa dona.


Saúdo dos integrantes da Corporación.
Ampliar Saúdo dos integrantes da Corporación.


Conde Roa entregoulle un agasallo a Schrock con motivo da súa visita.
Ampliar Conde Roa entregoulle un agasallo a Schrock con motivo da súa visita.


O alcalde e o científico abandonan o Concello.
Ampliar O alcalde e o científico abandonan o Concello.


10/11/2011 O Programa ConCiencia 2011 trouxo desta vez a Santiago ao Nobel de Química en 2005, Richard Schrock. Horas antes de pronunciar unha conferencia, o científico e a súa dona foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Xerado Conde Roa, e a Corporación municipal.

Richard Schrock asinou no Libro de Honra da cidade, agradecendo a "hospitalidade" recibida. El e a súa dona –lembrou- tiñan xa dende hai 40 anos o desexo de visitar Santiago de Compostela. Xa falando de ciencia, reivindicou a necesidade de seguir desenvolvendo a investigación malia a situación económica, porque "na ciencia está o futuro.

Tras a recepción en Raxoi, Richard Schrock dirixiuse ao CIQUS, onde varios grupos da USC lle presentaron as súas liñas de investigación. Xa para a tarde estaba prevista a súa conferencia, baixo o título Todo sobre o Premio Nobel de Química 2005, na Aula Magna da Facultade de Química.

Richard Schrock
Richard Schrock (1945, EE.UU.) mereceu o Nobel -compartido con Yves Chauvin e Robert H. Grubbs- polo desenvolvemento do método da metátese na síntese orgánica que permite "cambiar átomos de lugares". Este achado abre a porta á construción de moléculas sen máis límite que a propia imaxinación, máis aló do que existe na natureza (a imaxe usual para ilustrar este mecanismo de intercambio atómico para compoñer novas moléculas é a dun baile no que as persoas poden cambiar de parella).

O descubrimento do profesor Schrock, que na actualidade traballa no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT), proporcionou un novo xeito de unir fragmentos moleculares para obter moito máis rápido e dunha maneira menos contaminante produtos sintéticos como perfumes, plásticos, fibras e, sobre todo, fármacos.

A traxectoria profesional do Nobel desenvolveuse sempre por centros de elite, dende a realización da tese na Universidade de Harvard at ao post-doc na de Cambridge para finalizar no MIT. Nese periplo por centros de primeira orde Schrock traballou ademais durante catro anos, entre 1972 e 1975, no Departamento de Investigación Básica da empresa farmacéutica Dupont.

Programa ConCiencia
ConCiencia, programa de divulgación científica da USC e o Consorcio de Santiago que dirixe Jorge Mira, busca difundir entre a cidadanía o saber científico como unha forma máis de cultura, ao tempo que promove intercambios entre a comunidade científica galega e as personalidades máis sobresalientes do ámbito científico internacional.

A última visita desta sexta edición de ConCiencia será a do Nobel de Física en 1979, Sheldon Lee Glashow, o 13 de decembro.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal