Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
ALCALDÍA

O alcalde valora o impacto do centro comercial das Cancelas para a xeración de emprego e de visitantes

Conde Roa atende ás explicacións sobre a marcha das obras.
Ampliar Conde Roa atende ás explicacións sobre a marcha das obras.


Revisando os planos do proxecto.
Ampliar Revisando os planos do proxecto.


Percorrido polas obras.
Ampliar Percorrido polas obras.


O alcalde atende os medios de comunicación.
Ampliar O alcalde atende os medios de comunicación.


Vista xeral do estado actual das obras.
Ampliar Vista xeral do estado actual das obras.


O alcalde e os concelleiros cos representantes das empresas promotoras.
Ampliar O alcalde e os concelleiros cos representantes das empresas promotoras.


08/11/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e os directivos de Realia, Carrefour e Property fixeron un percorrido polas instalacións do centro comercial. Os promotores prevén que o complexo abra as súas portas no último trimestre de 2012 e estímase que atraerá 130 millóns de investimento e 5.700 empregos a Santiago.

Conde Roa indicou que era motivo de satisfacción visitar as obras dun centro comercial coma o das Cancelas, "levantado non sen dificultades", e desexou a súa pronta apertura por varios motivos. Un deles é xeración de emprego, que "nestes momentos de crise, é un tema prioritario para as Administracións". As previsións dos promotores apuntan que o centro comercial As Cancelas suporá un investimento total de 130 millóns de euros e dará traballo a 5.700 empregados. Ademais, dixo, "vai traer xente á cidade".

Con este complexo das Cancelas, explicou o alcalde, "chegamos a un punto de equilibrio entre grandes áreas comerciais e pequeno comercio". Neste sentido, reiterou que "non vai haber máis centros comerciais" e expresou o seu desexo de que o pequeno comercio tamén saia beneficiado deste novo centro.

"O centro comercial As Cancelas será una das locomotoras económicas de Santiago de Compostela e constitúe un dos nosos proxectos máis ambiciosos para Realia", afirmou Íñigo Aldaz, director xeral de Realia, quen engadiu que "centros comerciais como este son proxectos sólidos capaces de afrontar a crise, xerar riqueza e xerar emprego".

Pola súa parte, Justo Martín, director xeral de Carrefour Property España, subliñou que "no momento económico actual é un verdadeiro orgullo e motivo de alegría poder comprometernos a facer realidade un proxecto da envergadura de As Cancelas, que xerará unha oferta comercial e de ocio única, non só en Santiago, senón en toda Galicia. Un proxecto seguro, tal como demostra o apoio das firmas máis destacadas".

Investimento
O investimento previsto na construción de As Cancelas alcanza os 90 millóns de euros. A esta cifra engadiranse outros 40 millóns nos equipamentos que desenvolverán os operadores que se instalarán nos 140 locais do centro comercial.

As empresas que participaron tanto na obra civil e urbanización, xa finalizadas, como nas instalacións e equipamentos a executar, xerarán 3.500 postos de traballo ata a apertura do centro comercial. Na actual fase de construción concéntranse 400 empregados, dos que a metade proceden de Galicia.

Xunto a isto, estímase que os comercios que se instalen no centro xerarán outros 1.500 postos de traballo directos, ademais dos que xerará o hipermercado Carrefour, e inducirán a creación doutros 700 postos de traballo entre os seus provedores.

Segundo indican os promotores, construír o centro nunha ladeira das Cancelas supuxo unha dificultade engadida de enxeñería, ao obrigar a realizar movemento de terras e conter a ladeira. Ata a actual fase de construción realizáronse as obras de movemento de terras, construción de muros de contención, cimentación e estrutura. Ao longo dos próximos meses levaranse a cabo as obras de albanelería, cubertas e instalacións.

Comercialización de espazos e distribución do complexo
Paralelamente, os promotores están asinando compromisos coas empresas que se instalarán nos 140 locais do centro. Xa pecharon acordos con distintas empresas que ocuparán o equivalente ao 75% da superficie comercial do complexo.

As Cancelas terá unha superficie total construída de 156.403 metros cadrados, distribuída en cinco plantas, 2.000 prazas de garaxe en dúas plantas baixo rasante e 140 locais comerciais en superficie. Segundo os cálculos dos promotores, o novo centro atraerá un mínimo de oito millóns de visitantes anuais.

As tres plantas, cunha superficie bruta alugable de 50.311 metros cadrados, estarán destinadas a actividades comerciais e os dous niveis subterráneos a estacionamentos. Na primeira das plantas estará situado o hipermercado Carrefour xunto con outros 46 locais que serán ocupados por firmas de recoñecido prestixio. A segunda planta albergará firmas de moda e complementos fundamentalmente. Finalmente, na terceira ubicaranse os cines e os locais especializados en ocio e restauración.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal