Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
ALCALDÍA

O alcalde sinala que o Consorcio "non está nin estará en perigo"

O alcalde, en rolda de prensa
Ampliar O alcalde, en rolda de prensa


02/11/2011 Xerado Conde Roa referiuse ao Consorcio da Cidade de Santiago, entidade da que é presidente, para garantir que continuará cos seus proxectos e recalcou que non se atopa en perigo xa que as institucións que a integran reafirmáronse no seu compromiso de financiación. A Xunta aportará dous millóns a maiores.

O rexedor fixo fincapé en que o Consorcio vai seguir prestando un enorme servizo á cidade, "como o fixo ata o de agora" polo que calquera alarmismo está inxustificado. O pasado luns reuniuse o Consello de Administración da devandita entidade e no mesmo, as tres institucións participantes (Goberno do Estado, Xunta e Concello) reafirmaronse nos seus compromisos de financiación.

A este respecto, o Concello vai proceder en breve a ingresar o orzamento que lle corresponde e que ascende a 1.600.000 de euros. Asimesmo o alcalde salientou que, tras falar co presidente da Xunta, a institución autonómica fará unha inversión a maiores neste exercicio de 2.000.000 de euros.

Conde Roa sinalou non obstante que o Consorcio, como todas as entidades públicas, tivo que facer unha reprogramación dos seus gastos, que foi aceptada e de común acordo por as tres institucións integrantes.

Sobre o xerente, José Manuel Villanueva, Conde Roa tivo palabras de agradecemento e reiterou que cando el asumiu a Alcaldía trasladoulle a súa intención de seguir contando co seu traballo nas labores da xerencia, ao que Villanueva respondeu que pechara un ciclo vital e que pretendía volver á universidade.
Documentos relacionados

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal