Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
17/10/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, anunciou que en vindeiros días se convidará os tratantes de gando para unha nova reunión para falar sobre o futuro do mercado de gando de Amio. Discutirase en torno ás dúas propostas que existen sobre a mesa para chegar a un acordo que o alcalde está convencido que se logrará.
Tras "separar os intereses profesionais dos intereses políticos" a propósito das últimas manifestacións sobre esta cuestión, Conde Roa remitiuse á reunión prevista en vindeiros días. "Creo que imos chegar a un acordo, porque está no interese das dúas partes". Na xuntanza –dixo- discutirase en torno a dúas propostas, a do traslado a Silleda e a formulada polos propios tratantes de asumir eles a xestión do mercado.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.