Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
ALCALDÍA

O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España aproba o convenio de colaboración co Ministerio de Cultura

Conde Roa e o resto de alcaldes e concelleiros co Príncipe de Asturias nos xardíns do Palacio de la Granja .
Ampliar Conde Roa e o resto de alcaldes e concelleiros co Príncipe de Asturias nos xardíns do Palacio de la Granja .


O alcalde cos demais participantes na Asemblea celebrada en Segovia.
Ampliar O alcalde cos demais participantes na Asemblea celebrada en Segovia.


10/10/2011 O alcalde compostelán e presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, Xerardo Conde Roa, presidiu en Segovia a sesión extraordinaria da Asemblea deste organismo. Na orde do día figuraba a aprobación do Convenio Marco de Colaboración co Ministerio de Cultura.

O obxectivo deste documento é definir e establecer as vías de cooperación entre ambas partes para a defensa do patrimonio histórico e cultural das 13 cidades españolas que integran, na actualidade, o Grupo Patrimonio da Humanidade. Desta maneira, ambas partes favorecerán o diálogo, sempre en beneficio do rico legado histórico que existe nas cidades declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade.

A partir de agora, esta colaboración entre o Grupo e o Ministerio de Cultura concretarase e desenvolverase a través de acordos específicos. A duración deste Convenio Marco é de dous anos.

O segundo dos temas tratados pola Asemblea foi a concesión do Premio Patrimonio. Por unanimidade, o Grupo acordou conceder este galardón á cidade de Morella (Castellón) polo esforzo realizado na recuperación integral do casco antigo desta vila. A Asemblea elixiu esta proposta efectuada pola Universidade Jaime I de Castellón.

O Grupo entregará este galardón en Cáceres o 25 de novembro, data na que se conmemora o 25 aniversario da declaración da cidade estremeña, pola UNESCO, como Patrimonio da Humanidade.

Logo da Asemblea, o alcalde compostelán participou no Encontro de Altos Responsables do Patrimonio Mundial, inaugurado polo Príncipe de Asturias.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal