Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
TURISMO

Concello, Cámara, Hostalería e AENA crean un grupo de traballo para potenciar o turismo de Santiago de Compostela

Constitución do grupo.
Ampliar Constitución do grupo.


Outra imaxe da reunión.
Ampliar Outra imaxe da reunión.


06/10/2011 O Pazo de Raxoi acolleu a constitución de "Turismo de Santiago", un grupo de traballo impulsado polo Concello no que participan o propio Concello a través da empresa municipal de promoción turística, Incolsa, a Cámara de Comercio de Santiago, a Asociación Hostalería Compostela e AENA. Nesta primeira reunión de constitución do grupo participaron a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis; a xerente de Incolsa, Maruxa Ledo; o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; e os presidentes da Asociación Hostalería Compostela, José Antonio Liñares e Jesús Sordo.

O grupo de traballo márcase dous obxectivos fundamentais e que deben ser complementarios entre si: por unha banda aumentar o turismo en Santiago, incrementando o número de pernoctacións, a estadía media dos turistas e o seu gasto, contribuíndo así o sector aínda en maior medida á dinamización económica de Compostela; por outra banda, fomentar a calidade en todos os servizos turísticos que se prestan na cidade, de tal xeito que sexa un dos valores prioritarios do sector que garanta a sustentabilidade de Santiago coma destino turístico de referencia nun mercado cada vez máis competitivo.
"Turismo de Santiago" está aberto a participación das múltiples entidades que teñen que ver co sector turístico da cidade, de carácter local, autonómico e mesmo estatal. Tras a súa constitución, iranse engadindo novos membros que queiran colaborar no desenvolvemento conxunto do sector, dende as súas diferentes perspectivas, competencias e áreas de traballo.

Lavacolla como referencia
Nesta primeira reunión prestouse especial atención ao aeroporto de Lavacolla coma infraestrutura fundamental para o desenvolvemento turístico da cidade e de Galicia no seu conxunto. Establecéronse dous obxectivos clave: consolidar o posicionamento actual de Lavacolla como o aeroporto de referencia de Galicia e, a medio prazo, converter a Lavacolla no aeroporto de referencia do noroeste peninsular.

Voltar


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal