CULTURA

+Curtocircuíto ofrece o palmarés do festival deste ano no Auditorio de Galicia

03/10/2011 O martes 4 de outubro haberá unha nova sesión de +Curtocircuíto, programación que completa a VIII edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, organizado pola Concellería de Cultura. Será o Auditorio de Galicia o que acollerá ás 20:30 horas o palmarés de Curtocircuíto 2011, as curtas gañadoras das distintas categorías da Semana Oficial do Festival, e que o martes anterior foran proxectadas no Centro Sociocultural de Vite: El somriure amagat, Birdboy, El grifo, Estereoscopía, Vicenta e Turning.

Estas curtas foron as galardoadas nas seguintes categorías: El somriure amagat (O sorriso escondido), de Ventura Durall, foi Premio á Mellor Curtametraxe Internacional; Birdboy (Neno paxaro), de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, Premio á Mellor Curtametraxe de Animación; El grifo, de Denis Rovira e Van Boekholt, Premio á Mellor Ficción de Compostelae e Mención Especial do Xurado Novo; Estereoscopía, de Xacio Baño, Premio Especial á Mellor Curta Galega; Vicenta, de Sam Orti Marti, Premio do Público e finalista na categoría do Premio á Mellor Animación Compostelae; e Turning, de Karni Arieli e Saul Freedg, do Reino Unido, que foi merecedora do Gran Premio Explora.

Compartir: