Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
MERCADOS

A Feira Medieval enche a cidade histórica de espectáculos de rúa e artesanía

A concelleira saúda un dos artesáns.
Ampliar A concelleira saúda un dos artesáns.


Percorrendo a Feira.
Ampliar Percorrendo a Feira.


Vista xeral da zona de restauración.
Ampliar Vista xeral da zona de restauración.


Algúns dos manxares que se poden degustar na Feira.
Ampliar Algúns dos manxares que se poden degustar na Feira.


Un dos espectáculos de rúa.
Ampliar Un dos espectáculos de rúa.


Outra imaxe da representación.
Ampliar Outra imaxe da representación.


A concelleira de Mercados e a de Facenda, Cecilia Sierra, noutro punto da Feira.
Ampliar A concelleira de Mercados e a de Facenda, Cecilia Sierra, noutro punto da Feira.


Outra imaxe do percorrido realizado por Reyes Leis e outros concelleiros.
Ampliar Outra imaxe do percorrido realizado por Reyes Leis e outros concelleiros.


30/09/2011 A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, visitou a Feira Medieval, que se celebra do venres 30 de setembro ao domingo 2 de outubro en praza e rúas da Cidade Histórica. Os principais atractivos do evento son os espectáculos de rúa, incluídos espectáculos nocturnos onde o lume é o protagonista. Tamén hai múltiples obradoiros de oficios e diferentes exposicións temáticas.

Os postos 100 postos de artesanía diversa están distribuídos pola praza da Quintana, praza da Inmaculada, rúa da Acibechería, praza de Cervantes, rúa das Ánimas e praza de Salvador Parga. Reyes Leis apuntou a súa satisfacción porque "os postos non invaden espazos" e polo feito de que "as persoas que están alí son realmente artesáns". Tamén destacou que non se produciron molestias para os veciños durante a instalación da Feira e a colaboración de hostaleiros e comerciantes.

Os máis pequenos teñen unha zona infantil, onde se desenvolve multitude de actividades, como obradoiros de pintura, reciclaxe, malabares, marionetas, xogos de enxeño… Tamén teñen ogros, trasgos, bufóns, cómicos, conta contos e mesmo un dragón que será capturado nun dos espectáculos de rúa. Esta zona está acoutada na praza da Inmaculada.

O obxectivo da Concellería de Mercados é que Santiago conte cunha Feira Medieval con personalidade propia, que recolla os valores medievais da cidade, e que non sexa só unha recreación máis dun modelo estándar que se repite en multitude de cidades, converténdose así nun auténtico elemento dinamizador do turismo e o comercio da cidade. A edición de 2011 é xa un paso intermedio neste obxectivo e ten importantes cambios con respecto a edicións anteriores.

O Concello colabora a través de Incolsa na promoción do evento. Pero, a diferenza das edicións anteriores, non fai ningunha achega económica, polo que non ten ningún custo directo para as arcas municipais. A propósito disto, a edil agradeceu "o espírito colaborador da empresa organizadora".

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal